2007/12/02

Galiciencia...

Galiciencia...
No cambio de mes, catro alumnos de 2ºBT, José Manuel, Joaquín, Iván e Arturo, xunto con Antonio, pasaron tres días en Ourense expoñendo dous traballos orixinados na XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga: 'Auga e maicena, sólido ou líquido?', e 'A cantidade de sal na ría de Ribadeo'.
Lavaron un premio: foi a caseta máis concurrida da mostra. Pero non foi o único: ó premio dos visitantes houbo que engadirlles a viaxe e estancia de tres días en Ourense (podedes preguntarlles como o pasaron), o poder asistir a unha mostra científica onde había traballos premiados a nivel internacional, feitos por estudantes de secundaria convivindo con outros traballos con ideas xa patentadas, entre varias outras posibilidades. Pouco desto quedará nas crónicas en xeral, por eso estas letras (o premio non se fixo efectivo nos premios finais).
Ata aquí, unha historia dun éxito (aínda que non se acadara ningún dos dous premios efectivos a partir da votación dos visitantes e que recaeron en centros de Ourense como era relativemante previsible). Pero sería case mentir non engadir algunha cousa máis.
A primeira, que a posibilidade da viaxe ofrecéuselle primeiro que á xente de 2BT á de 1ºBT, e de xeito sorprendente, ninguén se animou á participación. O profesor correspondente, o mesmo que está a facer a crónica, quedouse confundido. Como é posible que nun grupo de xente ninguén (por unha ou outra razón) se anime a facer gratis unha viaxe como esta? Coido que antes de lean isto xa haberá xente que se teña arrepentido.
A segunda, que os traballos presentados non son os seus propios, senón os de outra xente: Joaquín, Adrián e David, alumnos que xa non están no centro (e que non sabiamos que podían ter ido aínda que non estiveran no centro...), e Jesús e Adrián (outro Adrián) que non quixeron ir. É dicir, que houbo unha complementareidade e colaboración en parte involuntaria pero que deixa ver ás claras que o estudo (e a vida) vai mellor se todos poñen un pouco de si
A terceira, púidose comparar que ás nosas investigacións e proxecto en xeral aínda lles queda abondo percorrido para igualarse (por termo medio) ó termo medio dunha exposición deste estilo. Non é unha bronca. É unha constatación e un acicate para facer as cousas pensando na investigación máis que na difusión. Na creación máis que na copia e reproducción, por interesantes que estas sexan (pero tendo conta tamén que ambas son necesarias, e en canto á difusión, si estamos a nivel).
Como comentario final, o manter visita tras visita o stand máis cheo que ningún outro, o atraer a prensa e televisión, non foi algo que xurdiu da nada, senón un traballo que aproveitou a circunstancia (o proxecto presentado) para sacar a tallada dunha pequena inmersión na ciencia a traverso dunha rareza. Algo que se conseguiu e no que amosaron ser maestros en particular José Manuel, pero tamén Joaquín, Iván e Arturo.
Como resume, non nos podemos perder a Galiciencia do próximo ano, e intentarase que a parte dos presentadores de proxectos, poda ir máis xente como excursión a un conxunto de actividades que ademáis da propia exposición incluía presentacións con títulos como a física imposible e a maxia da química, charlas demostrativas como a de Adolf Castel e concursos, pero onde o máis interesante foi ver a xente mesmo da ESO presentando traballos de relevancia científica feitos dende o principio por si mesmos.
... E faltaría o resume lúdico, con diversos compoñentes, pero eso mellor noutros foros.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.