2007/04/16

Salinidade na ría de Ribadeo

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
SALINIDADE NA RÍA DE RIBADEO
Autoría: Adrián Fernández García
Jesús Carlos Arias García
Grupo: 1º BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introdución e Hipóteses.
Este proxecto xurdiu coa idea de indagar a salinidade da ría para saber como xogaba a influenza que tería o mar sobre o río. O esquema deste proxecto é saber se a Ría ten moita ou pouca cantidade de sal, traballando coa hipótese de que hai máis cantidade de sal preto do mar cá terra adentro.
2.Pequeno resume.
Este proxecto consiste en averiguar a cantidade de sal na Ría tanto en preamar coma en baixamar, en distintos puntos da mesma. Despois de recoller a auga, evapórase, quedando só o sal e pesándoa despois cunha báscula de precisión.
This proyect consists in collecting a liter of water in Ribadeo`s narrow in many adequate places at low tide and high tide, to show how much salt is in these points. To know that, at first evaporate all the water and then, measure the salt which stay with a precision balance.
3.Obxectivos.
Coñecer a salinidade nos distintos puntos de recollida en preamar e baixamar e asociala con outros fenómenos.
4.Base teórica.
A base da que se parte é a de que a salinidade da ría ten que aumentar ó achegarse ó mar, e ten que diminuír ó alonxarse del, tendo máis cantidade de sal as mostras de preamar cás de baixmar.
5.Traballo.
PONTE DA VEIGA

RESULTADO: 0,34 gr/l PREAMAR
0,14 gr/l BAIXAMAR
bservacións:

A toma de motras do Faro e da Illa Pancha é a que ten máis salinidade porque está fóra da Ría, é dicir, no mar aberto. Na preamar o mar estaba embravecido e con auga limpa. Na baixamar foi máis sinxelo.
Na Ponte dos Santos a auga estaba máis revolta e non tan limpa.
Observacións:

No peirao comercial de Mirasol, nas inmediacións dos barcos amarrados a auga moi turbia e aceitosa.
Na Vilavella e nas inmediacións da escolleira a agua era tamén turbia.
En Reme e nas inmediacións da Ponte a agua é turbia e perde salinidade.
No peirao e na Ponte da Veiga con agua revolta.
Conclusións:

Canto máis preto están da boca da ría, as mostras teñen máis salinidade, tendo máis na preamar que na baixamar, excepto en Reme.
Polo tanto, canto máis preto están da cola da ría menos salinidade teñen, é o caso da mostra da Ponte da Veiga na que a influencia do río Eo é máis importante que a do Cantábrico, como en Reme, e logo xa vai descendendo nas demais.
Traballo:
Salinidade da Ría de Ribadeo

Alumnos: 1º Bacharelato Tecnolóxico
Adrián Fernández García
Jesús Carlos Arias García

IES PORTA DA AUGA
RIBADEO 2006/07

Resumo en inglés:
Collect a liter of water in Ribadeo`s narrow in many adequate places at low tide and high tide, to show how much salt is in these points. To know that, at first evaporate all the water and then, measure the salt which stay with a precision balance. It confirms that there is more salt when the collect of water is nearest the sea.
6.Distribución.
Setembro: Decisión de averiguar a salinidade da Ría.
Decembro (e vacacións de Nadal): Toma das mostras, evaporación dun litro de auga das mostras e medición da masa do sal obtido da evaporación.
Marzo: Realización do traballo en cartulina e entrga do mesmo.
7.Materiais e Orzamento.
Vasos de plástico.
Báscula de precisión.
Botellas de 2L
Caldeiro e corda.
8.Descrición.
Este proxecto consiste en averiguar a cantidade de sal que hai en distintos puntos da Ría tanto en preamar coma en baixamar. Para realizalo, o que se fixo foi atar unha corda a un caldeiro e ir ós sitios (Illa Pancha, Ponte dos Santos, Peirao de Mirasol, Vilavella, Reme e a Ponte da Veiga) en marea alta e en marea baixa. As mostras recolléronse en botellas de plástico de 2L, e empregáronse 1L de cada unha para ferver a auga, pesando logo o sal resultante.
9.Material.
Outro material non especificado no punto 7 é a cantidade de sal resultado da evaporación das mostras.
10.Conclusións.
Este proxecto é un traballo interesante que permite coñecer a salinidade da Ría nos puntos e circunstancias en que foron tomadas as mostras, cuns resultados que se refrexan gráficamente. Con este traballo, aprendeuse que hai distintos puntos da Ría que, dependendo da súa situación con respecto ó mar teñen máis ou menos sal. É recomendable que este traballo se realice nas catro estacións do ano. Asemade, é patente que o proxecto gustou á xente que foi velo, non só polas fotografías.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).
Imprescindible ver cartelería

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.