Síntoo se é moi repetido, ou unha nimiedade. Remato de recibir unha nova que leva de subtítulo "A lexislatura de Rajoy conclúe cun débito das administracións públicas de 1.069 billóns de euros", si, billóns.
A calquera dos meus alumnos lles caería unha boa regañina: a cantidade está indicada dun xeito desaconsellado, en troques de usar 1069, e segundo o titular, correspondería a cada españoliño unha débeda de máis de 20 millóns de euros. Que Rajoy puido facelo abondo mellor é sabido, pero aínda ten marxe ata chegar a esa débeda 'astronómica'.
Por favor...
Es maior de idade? 8 cm menos!
-
Ao ritmo actual, se es maior de idade, isto é, ao menos tes 18 anos, o mar
subiu dende o teu nacemento ao menos 8 cm, 4,8 mm/ano.
Se vives en Ribadeo, iso s...
Hai 4 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario