Hai un par de semanas, a comezos de mes, escribía choiva escasa no que vai de ano en Ribadeo. Naquel momento, en 93 días do ano rexistrárase un total de pouco máis de 70 L/m2. Nos últimos dez días supérase longamente esa cantidade:
Vése que só entre a tarde noite do día 6 e a madrugada do sete caeron 40 L/m2.
Decalquera xeito, a choiva caída no que vai de ano non chega a superar a de ningún outro ano do século ata o momento. É dicir, en Ribadeo segue sendo o ano máis seco do século XXI. Aínda que...
a) haxa xente reclamando que pare de chover porque xa choveu moito
b) a Xunta levantara a alarma por seca
E é que nesta terra, chove!
"SEPTEMBRE EST LÁ, L'ÉTÉ S`EN VA". José María Rodríguez Díaz (2010)
-
Crónica por José María dun verán en crise, seguida de múltiples
preguntas sobre o futuro próximo de Ribadeo.
*"SEPTEMBRE EST LÁ, L'ÉTÉ S`EN VA" • Pu...
Hai unha hora
Ningún comentario:
Publicar un comentario