Métome na rede. Atopo correo unha mensaxe do Guardian que me leva a un blog cunha perspectiva da educación en Finlandia. E, de alí, salto ó informe PISA. Na páxina vexo que podo descargar as diversas partes do informe (incluído o partado de matemáticas e ciencias) en inglés e en francés. Entón, distingo que a primeira parte, correspondente ós resultados, está tamén en español ... se se compra. Hai unha versión en liña, pero non descargable. E penso no título desta entrada:
A educación que se entende por estes lares é cuantitativa, sen importar o fondo, collendo de PISA para o público o que é o propio estudo en bruto, pero sen coller a análise. E aínda así, fáise co método do repago, é dicir, aproveitando algo público para cobrar por el. E así nos vai.
Por certo, en alemán aparecen dúas seccións, pero gratuítas, entre elas a correspondente a que fai ás escolas exitosas ...
Plano de Ribadeo (e máis)
-
Hoxe paseime virtualmente polo sitio do arquivo municipal en internet.
O que deixo abaixo, o plano de Ribadeo no 1931, é só unha mostra de cousas
que...
Hai 5 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario