Os días están a medrar. A cousa é: cánto
Quizáis en días coma hoxe, próximos ó equinoccio, nos valla un pequeno cálculo. Aquí, en Ribadeo, no pico invernal (solsticio), temos cousa de 7 horas de día, e no pico estival, 17, unha vez descontada a luz crepuscular.
Nun ano prodúcese un ciclo, é dicir, en 365 días, un desfase de 6,28 radiáns, o que corresponde a algo menos de 0,02 radiáns (aproximadamente a 0,017 radiáns) de desfase diario dunha función sinusoidal cunha amplitude de 5 horas, 300 min. Pero resulta que a función seno para ángulos próximos ó cero (é dicir, neste caso, próximos ó equinoccio) ten un valor asimilable ó do ángulo, co que estes días representa incrementos de valor algo menor que 0,02, o que multiplicado por 300 minutos da 5 minutos de incremento de luz ó día...
A GELO, IN MEMORIAM. Pancho Campos Dorado
-
* A GELO, IN MEMORIAM *
*Pancho Campos Dorado*
* Querido amigo: éme moi difícil dirixirme a ti nestas circunstancias, pero
quixera rememorar un pouquiño...
Hai 15 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario