Non o podo asegurar, pero grazas a Iria Acevedo chegoume unha anécdota sobre Einstein nun paquete de azucre:
-Un periodista preguntoulle a Einstein:
'Pode explicarme a lei da Relatividade?'
e Einstein contestoulle:
'Pode explicarme como se frite un ovo?
O periodista mirouno con estraneza e contestou:
'Pois si, si podo'
a isto, Einstein contestou:
'Bo, pois fágao, pero supoña que eu non sei o que é un ovo, nin unha sartén, nin o aceite, nin o lume'
Como comentario:
Quen diría que a relatividade é unha lei? Posiblemente iso deu pé á contestación de Einstein... aínda que o máis seguro é que a historia non sexa así, e que o da 'lei' saíra do relator do conto.
De calquera xeito, tendo en conta o que costou á xente corrente aceptar que o mundo non era plano despois de Colón, pois non é estrano que integrar a relatividade nas nosas cabezas coste tamén xeracións de incomprensión.
LOS POLÍTICOS Y LOS CIUDADANOS. José María Rodríguez Díaz (2010)
-
Unha entrada que podería ser reeditada hai non moito a conto da visita
á Illa Pancha de Oubiña. E unha nota sobre ela: coido que, na primeira
aprte d...
Hai 5 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario