2017/12/10

Colaborando en investigación

Dun tempo a esta parte está en marcha un movemento que tenta facer partícipe á cidadanía de diferentes investigacións, mediante instalación de software nos ordenadores con funcionamento nun segundo plano (cousa que comezou hai xa tempo, co programa SETI, que eu saiba) e logo, mediante apps diversas (moito máis recente, pero tamén, coido, máis extendido na actualidade como 'ciencia cidadá'). A recollida de datos é, neste segundo caso, o obxectivo primeiro, aínda que a difusión da propia materia científica da que se trata en cada caso tamén é a considerar.
Mais, dende moito antes, a distribución de enquisas foise extendendo, e, na actualidade, coa potencia que da a web, moito máis. Destas, remata de chegarme unha petición de colaboración de parte dun equipo escolar aportando datos a unha enquisa web, coa que pode colaborar todo  o mundo que o queira, de paso que comeza a saber cousas sobre o tema proposto, as sinestesias matemáticas. Colaboras?
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.