O chan do patio. Un ángulo dunha porta da verxa. Unha 'tiza' feita cun anaco de ladrillo. Marcas no chan para indicar a sombra da punta do ángulo en diferentes momentos. Eses foron os 'materiais' para sinalar onte o equinoccio de outono en Ribadeo. e, como se ve na foto, a pesares de non ser o chan totalmente horizontal, a liña de unión das marcas da sombra sae unha recta, como corresponde á sombra dun punto ó longo do día equinoccial. Despois veñen as medidas de altura do ángulo e distancia mínima da sombra do pé da porta: o cociente danos a inclinación do Sol ó mediodía, a latitude. E a transmisión desa información , con distancias a outros puntos, que nos da o raio da Terra. E así se construiu a ciencia... mellorando pouco a pouco as medidas, o xeito de facelas, e propoñendo novas medicións...
25 de abril: o povo é quem máis ordena
-
Fágome eco dunha convocatoria para Ribadeo: unha xuntanza con motivo do
25 de abril, nominadamente para festexar en conxunto os 50 anos dun feito
his...
Hai 2 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario