2015/12/23

Premio para compañeiros

Hai anos, un par de profesores participaron na Feira da Ciencia de Ribadeo. Hoxe están xuntos con outros compañeiros nunha nova aventura didáctica no IES Galileo Galilei de Navia onde xa teñen realizada a segunda edición da "Feria de la ciencia" e van camiño da terceira.
Como dirían algúns, 'deben estar a facelo ben', pois a máis de premios xa conseguidos a traballos presentados, rematan de enterarse do premio á realización da propia feira, outorgado pola Asociación mejora tu Escuela Pública.
Pouco a pouco vou cargando algunha cousa para seguir a historia da feira naviega en 'Feiras de Ciencia na Galiza', aínda que a ben seguro pronto estará máis retrasada e con menor amplitude que nas ligazóns anteriores.
Alguén diría que só cabe dicir 'felicidades!'. Non estou de acordo. Por exemplo, xa pensaches asistir á próxima edición?

2015/12/08

O efecto Venturi, á vista

Venturi, ao vento:
Un día de vento, unha papeleira, un mínimo de observación... a física está presente en todas partes, en todo momento. Neste caso, o efecto Venturi.
--
Esta entrada participa na LXV Edición do Antroido da Física/Carnaval de la Física, aloxada no blog High Ability Dimension.

2015/12/01

Comunidade de campus científicos

Naceu unha nova comunidade en prol  da ciencia. A Comunidade de campus científicos veu á vida a partir de xente nova que en anos pasados ten aproveitado os campus científicos de verán organizados por FECYT. Agora son elas e eles quen se autoorganiza e brinda a si mesmas e á sociedade as posibilidades dunha asociación a favor da ciencia, da investigación e da súa difusión.
Podemos atopalas (e unirnos ou seguilas) en facebook (https://www.facebook.com/comunidadcampuscientificos/) ou twitter (https://twitter.com/CCCientificos), desfrutar das súas presentacións en youtube (un exemplo, con ligazóns a outras presentacións dos seus encontros: https://www.youtube.com/channel/UCW6E4BjQ3YU8JprKe6DaQOA) ou seguir a súa revista (http://paper.li/e-1436362324?edition_id=b8f34460-95c3-11e5-a552-0cc47a0d1605&utm_campaign=paper_sub&utm_medium=email&utm_source=subscription#!headlines)
Xente moi nova e con moitas ganas de facer cousas, a nivel estatal, con delegacións...
Por certo, mesmo moitas persoas participantes nos campus en anos pasados aínda non se enteraron. Podes axudar a difundir?
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.