2014/08/12

O Marisquiño bota o telón... para que non o vexan pola vergoña

Vale, abonda. Iso foi o que pensei onte despois de ler a nova (unha máis) co que é unha burrada informativa. Ía poñer erro, pero non, porque se repite de diversos xeitos, ben diferenciados, na páxina en papel.
A nova pode rastrexarse en internet: "O Marisquiño echa el telón". Nela aparecen cousas curiosas como a seguinte, falando dun descenso en bici:
"El público cubrió el recorrido para admirar la maestría de los corredores, capaces de salvar un desnivel de más de tres kilómetros en poco más de un minuto."
Non fai falta ter dominio da física para observar que:
*Se o público cobre o percorrido, por onde baixan as bicis?
*O desnivel dise de máis de tres quilómetros. Pero en Vigo (lugar da proba) non hai ningún Teide, Mulhacén ou Aneto para contemplar un desnivel tal. O 'desnivel' e a lonxitude do traxecto recorrido ... dende menos de 149 m de altura que ten o monte do Castro.
*Para o que quizáis fai falla algo de física elemental é para o seguinte:
-un recorrido de máis de 3 km... poñamos por mínimo os 3 km
-pouco máis de 1 minuto pode entenderse ata menos de minuto e medio; sendo xerosos, ese minuto e medio.
Facendo contas, 3 km/ 1,5 min son 120 km/h, velocidade media (mínima, non esquezamos as aproximacións), de descenso entre rúas ateigadas de xente e con curvas, en parte empedradas... en bicicleta.
Coido que aínda nos falta moito para lograr unha cultura científica xeral.
-
Esta entrada participa na Edición LV do Carnaval de la Física (blogue anfitrión: Cosmos-El Universo )
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.