2014/04/01

Conflito horario. Tempo e astronomía

Esta entrada participa na edición LI (abril de 2014) do Antroido da física/Carnaval de la Física, co blog anfitrión ::ZTFNews:
A imaxe anterior lévoa vista varias veces estes días polas redes sociais. Trataría de ser a visualización do por que España (ou Galicia, segundo a versión) debera cambiar de hora legal, achegándoa á británica e separándoa da alemana, adoitada polo réxime fascista con bases ideolóxicas, ó que parece.
Para comparar, deixo embaixo un mapa de fusos horarios a nivel mundial collido da Galipedia:
Neste segundo, constátase que certamente, España ten o mesmo horario solar que Inglaterra, aproximadamente, e Galicia, que Irlanda ou por suposto Portugal, lonxe abondo da hora de Centroeuropa que temos como horario legal. O segundo, pois, chega para abogar por un cambio de horario legal. E o primeiro, por contra, é unha engañifa.
No equinoccio, polo segundo mapa, podemos ver que en Cataluña anoitece á mesma hora que na costa leste do Reino Unido, nunha situación que cortaría a Francia pola metade no lusco fusco. O resto de Europa estaría xa metida na noite. E esa é a situación media ó longo do ano, e polo tanto, a representativa.
Mais a situación que presenta a imaxe de satélite non é tal. Vemos que está anoitecendo en Cataluña ó tempo que no Benelux e na separación fronteiriza Noruega-Suecia. É dicir, está representando unha situación pŕoxima á do solsticio de verán, que ilumina o hemisferio norte máis tempo da media. E iso introduce un elemento que perturba o razaoamento, é unha imaxe tendenciosa: fai crer a quen non se decate que a situación normal é que en Cataluña anoiteza ó tempo que nos países nórdicos, quizáis procurando afinidade horaria (solar) coa maior cantiade de países posible.
Ou sexa, que se alguén non aplica algún coñecemento de astronomía, enganarase de xeito doado nun tema como o do horario, e será manipulado do mesmo doado xeito.
Así pois, cambio horario, si, pero sendo xustos.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.