2014/11/11

Baixando ó cometa Churymov-Gerasimenko

Mércores 12 de novembro de 2014: un artefacto construído na Terra por primeira volta tenta acometizar, isto é, aterrar na cabeza dun cometa. O vídeo permite seguilo paso a paso.

Dende agora ata o éxito ou fracaso da misión podes seguila. Será apaixoante esta manobra feita a millóns de quilómetros de distancia sobre un obxecto en rotación abondo rápida e con pequena gravidade.

2014/10/28

O cambio climático non só é global: tamén é local

Estamos tendo un tempo que diriamos excepcional. Indo ós rexistros, confírmase que é moi bo para a época, pero tampouco tan excepcional.
Estes días pasados rematou nos xornais a nova de que este ano está sendo o de temperatura media máis elevada que se ten rexistrado. E a iso ía: tamén en Ribadeo.
Collendo os datos da Estación Meteorolóxica automática da Granxa Pedro Murias, podemos chega ó seguinte gráfico:
Representa a temperatura media dos días transcorridos ata a data sinalada no eixe inferior en cada ano dos que levamos do século. O actual, 2014, ten sinalada a mesma temperatura dende hoxe ata fin de ano, e vemos que a media actual supera en máis dunha décima de grao o ano seguinte en temperatura media por estas datas, 2001, que queda outras dúas décimas por riba dos dous seguintes, 2011 e 2006, e moi apartado da raia grosa que representa ó ano pasado, 2013, que a estas alturas de ano ía coa media máis baixa do século.
En poucos días as medias comezarán a baixar, pero polo momento, coa previsión que poño embaixo, subministrada por meteogalicia, a media aínda seguirá aumentando ata domingo, e diferenciándose de anos pasados. E así, tamén en Ribadeo, como no resto do mundo, este ano leva todas as de ser o máis caloroso rexistrado.
--
Esta entrada participa na LVII Edición do Carnaval de la Física/Antroido da Física, co blog anfitrión deste mes Divulgación

2014/09/22

Cambio climático e temperie en Ribadeo

Este ano, o verán comeza aínda mañá, 23 de setembro, aínda que sexa ben cediño (2:29 UTC, isto é, ás 0:29 hora oficial, media hora escas despois do cambio de día), co que podemos considerar que aló foi, máis aínda coa chuvia que leva a caer todo o día en Ribadeo. E falo de Ribadeo só, coas limitacións que leva consigo: unha parcialidade que fai que calquera afirmación ou conclusión que se poda obter non será máis que algo que sumar a outras moitas para poder obter unha evidencia xeralizada de cambio climático a nivel da Terra, que é o que interesa ó conxunto da humanidade.
Co dito ó comezo, podemos dicir que a tempada de boa temperatura vai pasada en Ribadeo, aínda que poda haber días sorpresa con Sol e temperatura agradable, pero dificilmente chegarán ás máximas do verán.
E aí ía: mentres que o cambio climático se vai producindo lentamente, subindo a temperatura media de xeito case imperceptible un ano tras outro, ó ser unha cuestión estatística, nos extremos de temperatura, en momentos puntuais do día a día, nótase máis a variación. Un caso particular, as temperaturas máximas obtidas a diario que poden superar unha temperatura alta: estariamos falando duns poucos días ó ano. Imo sver:
Dende comezos de século, a estación automática de medición meteorolóxica da Pedro Murias leva dándonos os resultados, e, se collemos as temperaturas máximas diarias, observamos o que temos embaixo:

É dicir, o número de días que se leva acadado en Ribadeo nalgún momento do día temperaturas superiores a 25ºC vai aumentando paulatinamente, de media, a razón de máis de 3 días/ano cada catro anos. Se collemos os catro últimos (neste aínda pode haber algún día máis con temperatura maior que 25ºC, aínda que sexa improbable), temos 65 días con temperaturas superiores, mentras que nos catro primeiros do século (o 2 000 pertence ó século XX) o número é de só 30.
Non sei o que nos deparará este inverno, pero o aumento de temperaturas, o cambio climático, está claro en Ribadeo no que levamos de século.
--
Actualización: en outubro acadouse o 17 día de +25ºC este ano, o que aumenta a inclinación da gráfica...
-
Esta entrada participa na Edición LVI do Antroido da física/Carnaval de la Física , con blog anfitrión en High Ability Dimension

2014/08/12

O Marisquiño bota o telón... para que non o vexan pola vergoña

Vale, abonda. Iso foi o que pensei onte despois de ler a nova (unha máis) co que é unha burrada informativa. Ía poñer erro, pero non, porque se repite de diversos xeitos, ben diferenciados, na páxina en papel.
A nova pode rastrexarse en internet: "O Marisquiño echa el telón". Nela aparecen cousas curiosas como a seguinte, falando dun descenso en bici:
"El público cubrió el recorrido para admirar la maestría de los corredores, capaces de salvar un desnivel de más de tres kilómetros en poco más de un minuto."
Non fai falta ter dominio da física para observar que:
*Se o público cobre o percorrido, por onde baixan as bicis?
*O desnivel dise de máis de tres quilómetros. Pero en Vigo (lugar da proba) non hai ningún Teide, Mulhacén ou Aneto para contemplar un desnivel tal. O 'desnivel' e a lonxitude do traxecto recorrido ... dende menos de 149 m de altura que ten o monte do Castro.
*Para o que quizáis fai falla algo de física elemental é para o seguinte:
-un recorrido de máis de 3 km... poñamos por mínimo os 3 km
-pouco máis de 1 minuto pode entenderse ata menos de minuto e medio; sendo xerosos, ese minuto e medio.
Facendo contas, 3 km/ 1,5 min son 120 km/h, velocidade media (mínima, non esquezamos as aproximacións), de descenso entre rúas ateigadas de xente e con curvas, en parte empedradas... en bicicleta.
Coido que aínda nos falta moito para lograr unha cultura científica xeral.
-
Esta entrada participa na Edición LV do Carnaval de la Física (blogue anfitrión: Cosmos-El Universo )

2014/07/16

Ó ceo, dende Ribadeo

Mecánica Celeste en Ribadeo

Ribadeo acollerá os días 17 e 18 de xullo as XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste, que este ano organiza o observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais das xuntanzas que manterá o comité científico haberá, abertas ao público xeral, unha observación astronómica e unha charla.
As xornadas comezarán o xoves, 17 de xullo, cunha recepción da comisión científica no Concello as oito da tarde. Horacio Cupeiro, concelleiro de Medio Ambiente en Ribadeo, destacou o carácter internacional destas xornadas nas que participarán "astrónomos, físicos, matemáticos e informáticos, tanto nacionais como internacionais. Todos eles traballaran baixo a dirección de José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller".
O comité científico das Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste "leva xuntándose dende 1998 en diferentes puntos do estado para celebrar anualmente estas reunións científicas. Dito grupo aproveitará para expoñer as súas liñas de investigación, comentar, criticar e aportar ideas de forma construtiva", engadiu o edil nacionalista.
O programa das xornadas ponse en marcha o xoves, 17 de xullo, ás 20 horas, momento no que se levará a cabo unha recepción do comité científico na Casa do Concello. Cupeiro indicou que "o xoves as once da noite faremos unha observación astronómica na Praza de España. Gustaríanos invitar a tódolos veciños e visitantes a que participen nesta actividade que pode resultar moi interesante".
Xa o venres ás 20 horas na Casa do Mar terá lugar unha conferencia do profesor da Universidad de La Rioja, Víctor Lanchares Barrasa,  que falará sobre: Orientación en la mar: de las estrellas al gps.  O concelleiro de Medio Ambiente contou que "nela tratará de dar unha explicación detallada sobre como evolucionaron os sistemas de navegación, que antes funcionaban polas estrelas e agora o fan tendo coma base o gps", comentou o concelleiro de medio ambiente.
As xuntanzas internas do comité científico das XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste serán na Casa da Ría. O evento conta coa colaboración de seis concellos, entre os que se atopa o de Ribadeo, que participa no proxecto de divulgación astronómica TODOSCOSMOS, financiado pola FECYT.
-
Esta entrada participa na Edición LIV do Carnaval de la Física/Antroido da Física con blogue anfitrión El Tao del Física

2014/06/24

Datos de pH e condutividade de auga de chuvia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

En https://docs.google.com/spreadsheet/ccc?key=0AlfwpUTquuVmdHVDNjNhRFd3SGM3emF3NXRwSWJfQWc&usp=drive_web#gid=0 deixo o conxunto de datos tomados ó longo do curso (dende decembro 2013 ata mediados de xuño 2014) recollidos no noso IES sobre pH e condutividade da auga de chuvia caída. Están acompañados das gráficas.
Como explicación dos datos, dicir que os datos tómanse por pares (o dato en si e a temperatura), e que tanto para pH como para condutividade hai tres pares de datos por observación. Cous corresponden ós patróns para ver a centralidade da medida do aparello e o terceiro, remarcado en cor, corresponde á medida da auga de chuvia ese día.
Como é lóxico, non aparecen na táboa tódolos días, pois non tódolos días choveu, nin aínda que chovera, choveu abondo como para coller unha mostra na que medir PH e condutividade co aparello subministrado, ou mesmo, por motivo de non haber clase, non se recolleu ese día e vese acumulado ó primeiro día hábil seguinte. Por mala comprensión, hai uns cantos días que non se fixo o contraste de condutividade de 1408,8 uS.

Datos chuvia





Meteoescolas
IES Ribadeo











uS/cm=
microSiemens / cm



DíaHora recollidapH6,86ºCpH4,00ºCpHºC1408,8 uS/cmºC146,93 uS/cmºCcond (uS)ºCmL
18/12/20139:30:007,317,14,616,65,115,3

14916,44415,612,0
19/12/201310:20:007,118,54,518,47,514,7

15418,74614,857,0
20/12/20138:30:007,216,84,416,25,89,4

10015,3487,3
9/01/201411:00:007,216,54,416,87,713,2

16516,22912,7
13/01/20149:30:007,516,14,815,96,814,5

16515,98915,62,0
14/01/20148:40:007,617,34,317,16,915,6

16518,63516,423,2
15/01/201410:20:007,121,54,519,86,519,8

16219,87020,27,2
16/01/201410:20:007,319,94,320,36,216,0

16320,01515,5112,0
17/01/201411:00:007,120,14,520,37,415,3

16420,22216,344,0
20/01/201410:10:007,717,44,617,25,812,8

17318,02613,726,8
21/01/201410:40:006,918,34,418,67,219,9

18718,75419,91,3
22/01/20149:00:007,319,24,419,16,117,9

18219,05618,24,0
23/01/201410:10:007,319,54,519,56,016,8130420,219520,013115,72,1
24/01/201410:10:007,219,04,319,37,320,4132119,120319,112620,10,3
27/01/20148:35:007,416,84,716,76,313,0137416,819917,17814,11,9
28/01/201411:00:007,320,34,520,35,415,291220,319720,36715,36,2
29/01/201410:20:007,319,84,519,85,214,5135319,820019,87115,015,8
30/01/201411:00:007,319,34,419,64,810,4136519,320219,47310,720,1
31/01/20149:30:007,319,54,319,46,116,1136319,920719,96817,12,9
3/02/201410:30:00

4,417,85,712,7134317,620917,73613,214,0
5/02/20149:00:00

4,918,85,313,2133617,021016,94113,411,9
6/02/201411:00:007,319,24,418,55,120,1





1,0
7/02/201411:00:007,319,74,320,05,914,0135319,521219,13014,96,9
10/02/20148:40:007,316,34,416,15,77,8137616,521615,7908,549,3
11/02/20149:00:007,317,94,417,65,717,5137219,022017,618817,82,4
12/02/20148:30:007,218,64,518,75,520,2135018,521618,216320,40,2
13/02/20149:20:007,319,64,519,56,917,9134219,222119,212918,41,7
17/02/20149:20:007,516,54,417,06,913,0133016,422317,03513,06,0
24/02/201410:00:007,317,34,617,98,416,5132818,721317,816516,31,0
26/02/20149:00:007,919,84,520,66,710,3137120,522219,73710,313,4
27/02/20149:00:007,121,84,522,37,121,6136221,622821,67821,512,0
28/02/20149:00:007,120,74,721,36,521,8134521,823120,711021,90,2
6/03/20149:00:007,417,34,717,66,513,3136017,822517,35013,326,0
21/03/20148:30:007,018,75,018,77,719,5148019,028019,011619,52,0
24/03/20148:30:007,516,24,816,05,614,1139416,027816,04114,010,2
25/03/20148:30:007,418,54,518,48,119,5140718,825618,827319,40,9
26/03/20148:30:007,416,44,616,45,214,0141716,423616,413013,914,2
27/03/20148:30:007,415,74,615,96,711,8142515,926216,311611,92,6
31/03/20148:30:007,515,14,615,65,911,6144716,426316,45411,58,7
1/04/20148:30:007,418,64,618,66,817,8137319,326718,64917,91,3
2/04/20148:30:007,518,04,619,17,519,0147618,828018,8

0,1
3/04/20148:30:007,318,24,618,06,916,4150418,425418,41916,46,5
4/04/20148:30:007,519,54,619,46,519,3149319,426919,45719,31,2
7/04/20148:30:007,419,14,719,77,218,0149419,427319,54618,11,8
8/04/20148:30:007,419,34,619,55,819,8151619,428519,65719,42,9
11/04/20148:30:007,418,84,718,85,718,4151419,027719,06518,47,1
22/04/20148:30:007,418,04,718,68,118,4153518,927918,66418,48,5
23/04/20148:30:007,417,54,918,38,017,1158218,328918,914117,10,8
25/04/20148:30:007,319,04,919,08,119,2161319,230619,012019,11,5
28/04/20148:30:007,519,14,719,27,119,8153019,830019,85119,84,3
20/05/20148:30:007,221,75,221,67,121,0144821,530821,722121,24,4
21/05/20148:30:007,220,14,720,36,820,3153020,330320,34520,37,4
22/05/20148:30:007,320,14,720,26,820,5157920,530920,58620,60,8
23/05/20148:30:007,320,04,820,06,720,1161620,031220,03420,110,0
26/05/20148:30:007,418,84,819,16,618,8157718,932418,96418,87,5
28/05/20148:30:007,318,75,019,57,619,8162619,230419,511719,80,3
29/05/20148:30:007,319,14,919,26,719,3161719,333419,311419,30,8
30/05/20148:30:007,319,34,920,26,919,9161219,933620,03019,95,2
4/06/20148:30:007,320,44,821,16,717,8163420,630521,08818,52,4
16/06/20148:30:007,223,44,822,67,422,8158422,533822,513722,72,6


Cabe facer diversos comentarios. As medidas foron tomadas cun aparello subministrado a tal fin, Multi-Parameter PCTestr 35, que necesita unha cantidade de auga pequena, pero non demasiado, para poder obter as medidas. Iso fixo que, a máis de días de estar pechado o centro por ser non lectivo, houbera outros días que a cantidade de auga caída non permitiu operar para medir.
Nas gráficas aparecen os tres pare de datos de cada magnitude. En ambos casos, a liña máis grosa corresponde á auga de chuvia, e as dúas máis finas, ós patróns. Hai que ter en conta que na condutividade, a gráfica ten unha escala logarítmica.
No caso do pH obsérvase que sempre as medidas tomadas nas disolucións patróns foron superiores ás esperadas. No caso de pH 4 e dos patróns de condutividade, nótase un aumento progresivo do valor obtido, achacable ó estado de conservación das disolucións. Polo contrario, en ambas magnitudes, a auga de chuvia subministrou medidas variables, pero sen ofrecer unha tendencia á súba ou á baixa relacionable co antedito, o que sostén a afirmación de que é achacable ó estado das disolucións patrón, deterioradas ó ser usadas en sucesivas veces: conserváronse o mellor que se puido, pero o mal estado ó final era patente. Foi solicitada a súa renovación, pero só se obtivo produto para renovar unha delas, co que se estimou convinte seguir tal cual.
En relación á actuación dos alumnos, sendo os de 1ºESO os encargados da recollida, non se estimou convinte que realizaran tamén as medidas máis aló dunha demostración, pois, entre outras cousas de detalle, está que o aparello necesita para o caso do pH un tempo de estabilización que pode ser grande.
A toma de temperaturas con cada medida viña dada ó momento polo mesmo aparello, de xeito conxunto ó pH ou á condutividade, e é necesaria para coñecer o resultado normalizado, que non depende del, pero que a necesita para ser calculado. Dese xeito, facilitouse a recollida de auga a unha mesma hora e a súa análise posterior.
Esta entrada participa na edición LIII do Carnaval de la Física/Antroido da física (blogue anfitrión este mes, Vega 0.0 )
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.