2013/12/08

Deducindo do mundo físico físico / deducindo da física do mundo

Collo unha imaxe da ESA (http://www.esa.int/var/esa/storage/images/esa_multimedia/images/2013/12/sicily/13434613-1-eng-GB/Sicily_fullwidth.jpg?1386447761355) a partir da revista semanal:
A partir da imaxe de Sicilia coa erupción do Etna, podemos comezar a fixarnos en cousas e deducir ... que a foto foi tomada pouco antes do mediodía solar na zona: as sombras dos penachos (son dous, observar de xeito ampliado a parte superior da foto) caen cara ó norte deles e lixeiramente cara á súa dereita.
A altura estaría relacionada coa inclinación do sol a traverso da sombra, pero necesitaríamos unha das dúas magnitudes xunto co desprazamento da sombra para deducir a outra.
A atenuación da sombra que se nota corresponde coa atenuación/dispersión dos penachos, e a súa separación da terra parece que permanece abondo constante a partir de poucos quilómetros a partires do cráter.
O vento provén claramente do ENE, se ben na viciñanza do cráter, a baixa altura temos unha compoñente prácticamente E.
A nivel xeolóxico, o estreito de Mesina deixa ben ás claras que se trata dun corte da plataforma continental.
Na meteoroloxía, a distribución de nubes deixa un día prácticamente despexado en case toda a illa, o que implica un aumento de temperaturas en relación ó mar e un vento cunha compoñente cara ó interior da illa, o que nosa da que as nubes se forman por condensación do vento mareiro ó entrar na terra en zonas que pola súa orografía propician a formación de condensación de auga ó vir vento.
-
Entrada participante no Carnaval de la física/Antroido da física de decembro de 2013, hospedado polo blog Pero esa es otra historia y debe ser contada en otra ocasión.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.