Tódolos días teñen a súa 'física preferente'. Hoxe chove. Logo, física da atmosfera. Por non falar do movemento de caída das pingas. Ou da tensión superficial, insuficiente para evitar que nos mollen.
Pero tamén podemos aplicar todos e cada un dos días, a cada momento, unha física xeral', pois todos os días a gravidade axúdanos a levantarnos da cama, ou a camiñar. E o rozamento? Sen el estariamos perdidos: o xeito de impulsarse tería que relacionarse coa acción e reacción. Claro que incluiría tamén o electromagnetismo, coas correntes eléctricas que nos recorren nervio a nervio. Ou a óptica, por suposto, para a análise da realidade que nos rodea.
En fin, poderiamos seguir, e seguir. E iso é o que se debe facer para tentar que a xente nova comprenda que a física está aquí, entre nós, para quedarse e facernos máis humanos, facilitarnos a vida, permitir a comprensión das cousas (nós incluídos), ...
- Participando no XX Antroido da física, da man de Resistencia numantina. -
MOVIMIENTOS EXTRAÑOS EN EL PSOE DE LA MARIÑA LUCENSE. José María Rodríguez
Díaz (2010)
-
Causou no seu momento sorpresa en Ribadeo. E segue a causar sorpresa
calquera movemento deste tipo, aínda que hai tempo que xa nos afixemos...
*Sábad...
Hai 2 días
Ningún comentario:
Publicar un comentario