2009/12/24

Variacións sobre física

A física non é moitas veces máis que un escollo para os estudantes de secundaria. Unha materia que temen, unha materia a estudar, unha imposición.
Chegados a este punto, vese o futuro da física, e por extensión, de toda a ciencia, como moi negro: faltará a base humana para proseguir un avance fluído, como xa se está a manifestar neste comezo de século nas universidades de máis de medio mundo. Mentras, as prácticas ou máis en xeral, as actividades de engarce do coñecemento científico coa realidade, co entorno, coa sociedade, brilan pola súa ausencia e só dun xeito moi tímido está desenvoltándose un movemento de actividade científica nos centros educativos. Non importa que a nivel de entrada na Universidade se esixa tímidamente algunha base práctica, nin que esteña amosado con amplitude abonda que a letra con sangue entrará, pero a integración co esprito necesita que algo máis que sangue, e tamén de algo menos que a sangue. E tampouco importa que se esteñan colando pouco a pouco actividades de pretendida divulgación científica, pero que moitas veces, nese achegamento ó público pasan a ser vistas máis como materia de maxia que de ciencia.
Non podemos esquecer que o coñecemento (en sentido amplo, a integración de coñecementos na persoa) necesita unha actividade, pero esa actividade en principio non ten por que significar un esforzo, aínda que a práctica totalidade das veces non se saiba (non saibamos) facer doutro xeito.
É certo que socialmente a ciencia tampouco se soe considerar moito, meténdolle zancadillas a política ou a economía, como se fora algo máis opinable, co que a visión do que significa e da súa actividade queda desvirtuada. Pero tamén o é que certo é que a sociedade pasou por épocas de máis descoñecemento do que era e do que significaba a ciencia que na actualidade, o que da pé a pensar con certo optimismo nun futuro que en principio necesita de ciencia e técnica.
Poden facer algo por ese apoio científico e consideración social materias como a nova CMC? Para comezar, xa se ve chamada así polos pasillos dos IES: CMC, e non Ciencias para o Mundo Contemporáneo, o que aílla o título do que é a ciencia. En segundo lugar, entre os obxectivos está dar un barniz de ciencia, pero non tanto incrementar o interese pola ciencia. En terceiro lugar, nunha especie de dar gato por lebre, téntase dicir que CMC é ciencia, cando é relación social de coñecementos actuais. E poderiamos seguir, en relación co uso ou abuso, pero non apropiación que se fai da ciencia ó tirar por ese camiño-materia. Non, CMC non é a solución, aínda que poidera axudar sendo ben levada, e non dubido que en moitos casos así será. Pero non deixará de ser algo circunstancial que por exemplo impide o medrar do número de horas adicadas á ciencia como tal.
Mentras, por favor, facede unha enquisa entre os vosos compañeiros, coñecidos, fillos, ... e tentade facerlles ver que aínda que a física ou a ciencia en xeral non son unha aplicación, senón un coñecemento, un saber, é na aplicación onde se vai manifestar, e polo tanto, onde se vai consolidar. E que as aplicacións poden facerse tamén no ensino medio, como manifestan as prácticas de laboratorio ou as feiras de ciencia, que ademáis son máis bonitas e poden reportar máis beneficios que unha árida clase.
Entrada referida no "Antroido da física"
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.