2009/12/14

Cada mestriño ten o seu libriño (II)

O dito popular sérvíame de título e presentación a un intercambio epistolar via correo-e a través de mares e continentes a raíz do artigo que traducín de catenaria, intercambio no que me vin mencionado precisamente a raíz do mesmo. Dado que me pasaron os textos, fixen a traducción e púxenos só con algún comentario da miña parte porque coido que así se xeralizaba máis o que dicían.
A cousa é que agora está retirada a entrada do blog e por iso quen procure neste blog unha entrada titulada "Cada mestriño ten o seu libriño" síntome coa necesidade de dar alomenos o meu punto de vista sobre o artigo de catenaria, ó tempo que deixar algunha referencia para ir expandindo o horizonte de quen esteña interesado no tema.
Matizo que sego a crer un acerto o cualificar o artigo de catenaria como un punto de partida para avivar unha discusión que pode ser inacabable, como inacabables son os educandos e os educadores, así como os tempos da educación.
E cada vez estou máis de acordo, recén saído unha avaliación, de que cada quen ten necesidade das súas adaptacións, do seu 'libriño' para afrontar a educación e a formación dos alumnos, pois no ensino máis que orientarse a obxectivos abstratos ou xerais, coido que a orientación debe, e xeralmente é, orientación ás persoas, ós educandos, alumnos ós que hai que subministrar con que educarse, pero cos que hai que ser conscientes que son eles mesmos os que teñen a ñultima verba na súa educación. Digo última opción sendo consciente que esa opción non son os plans de estudos, senón sinxelamente o aprender, formarse ou educarse, que son cousas diferentes pero imbricadas unhas nas outras neste mundo no que vivimos.
Así, o facer fincapé en elementos fundamentais da formación nun tipo ou noutro pode ser elección non baladí, na que para cada alumno, e polo tanto tamén cada grupo, pode necesitar dunha solución, duns 'ingredientes' diferentes. As teorías poden ir por un camiño, pero a práctica é máis complexa, e non ten por que cinguirse a unha explicación teórica xa elaborada previamente. En concreto, no que a min respecta, son partidario de incidir máis fortemente en coñecementos instrumentais básicos, pero teño que admitir que me gustaría englobar na educación outras materias moi diferentes. A limitación de tempo, de coñecementos, de instrumentos, de oportunidade, etc, fan non só que o ensino (e nótese que estou falando ás veces de ensino, ás veces de formación, ás veces de educación, sendo consciente da diferencia, pero tamén da dificultade de diferenciación en momentos concretos) teña necesidade de elección para seguir o seu camiño, senón tamén que esa elección sexa diferente para grupos diferentes, contando con variables como idade, nivel educativo/formativo/de aprendizaxe, carácter, ... e mesmo outras como o ano: a escola pode non ter cambiado moito dende hai trinta anos, pero o certo é que se o alumno ten que adaptarse máis ou menos á máxima de 'adaptarse ou morrer', o profesor ten que facer outro tanto, tendo en conta que o 'morrer' signifca algo diferente en cada caso, e quen pense que a textura social dun grupo de alumnos actual é semellante a outro de hai trinta anos, aínda admitindo unha elasticidade na semellanza, está equivocado salvo excepcións. Hai moitas cousas semellantes, como a idade dos alumnos, pero outras que non teñen que ver, como o xeito de relacionarse ...

Referencias que entendo que poden aportar argumentos nun ou outro sentido, e que figuraban no artigo eliminado do blog, con ou sen ligar direitamente:
http://www.elpais.com/articulo/portada/saberes/irrelevantes/elpepusoceps/20091129elpepspor_15/Tes
http://www.lsi.upc.edu/~conrado/docencia/panfleto-antipedagogico.pdf
http://vista.engines4ed.org/home/index.htm
http://www.youtube.com/watch?v=iG9CE55wbtY
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.