2009/11/27

A física non é unha antroidada

-- encadrado en 'el carnaval de la física', previo en http://carnavaldelafisica.ning.com/profiles/blogs/a-fisica-non-e-unha-antroidada --
Co motivo dos catrocentos anos da descoberta dos satélites galieanos de Xúpiter,ten hoxe lugar a eclosión da iniciativa 'antroido da física', xa resinada no blog. Pídese un artigo ó unísono neste día nos blog participantes.
Decántome por facer notar unha pequena contradicción. A física non é unha antroidada, e coido que é convinte o facer saber que non o é, que neste caso, antroido equivale a 'festa', non a 'engano querendo facer ver que se é o que non se é'.
Hai, houbo e haberá unha parte importante da física que corresponde á súa comunicación social. Isa é a filosofía que empapa o día. A física non só é para 'so físicos', senon para todos, para a humanidade, tanto sexa física aplicada como 'pura' (se é que existe), ou teórica. O coñecemento remata beneficiando a todos se se fai un uso cabal del. Agora ben, o mantemento da investigación científica, se pasa polos cartos de todos (a traverso da súa 'publicación' polos organismos públicos ou a súa 'privatización' a traverso das empresas privadas), non queda só nos cartos. É necesario esforzo, ideas e consideración dos anteriores logros e as persoas que os fixeron posibles. Hai por aí unha frase célebre, atribuída nalgures a Newton, que consideraba que avanzaba porque ía 'montado a ombreiros de xigantes', é dicir, aproveitando o coñecemento brindado por persoas anteriores a el que fixeron un duro traballo. Agora tamén, e cada vez máis, necesitamos isa percepción de ver máis lonxe por ir a cabalo de xigantes. E lémbroo porque ó estudar na escola a física, os xigantes desaparecen e só parecen quedar galimatías deixados aí para fastidiar. Pódese cambiar, e lembrar. Se queremos que na próxima xeración tamén haxa xigantes, é necesario que se saiba que os xigantes son unha raza de benefactores á que podemos optar; ante todo, persoas traballadoras.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.