2009/08/23

Algo que se propaga sobre astronomía ... e é falso

Unha vez máis paso a desmentir unha nova sobre o 29 de agosto e Marte.
Xa me chegou por diversas canles, e mesmo apareceu nun artigo da Comarca deste fin de semana un bulo que circula por internet dende hai 5 anos dunha suposta visión espectacular de Marte.
Ben, no 2003 Marte tivo unha proximidade á terra tal que non se dará en un par de miles de anos. Ise encontro, que non foi cousa dun día, senón que foise achegando pouco a pouco e logo separando tamén pouco a pouco ó longo do ano, produxo unha visión de Marte espectacular, o que quere dicir que se vía como unha pequena canica no ceo, cunha superficie aparente deceas de veces inferior á da Lúa.
Dende aquela tódolos anos ó achegarse esta data me chegan diversos correos, mesmo con presentación incluída como un que remato de abrir hai un cacho, anunciando unha visión de Marte cun tamaño semellante ó da Lúa para o 29 de agosto do ano correspondente. Remítome ó que puxen antes e ó sentidiño común, e deixo algunha ligazón entre os miles que hai, para quen queira profundizar:
http://www.astrogea.org/foed/efemerides/2003/marte.htm
http://www.astronomia2009.es/Noticias_AIA-IYA2009/Marte_tan_grande_como_la_Luna_-_aNO_te_dejes_enganar.html
http://www.lunanueva.cl/index.php?option=com_content&task=view&id=278&Itemid=229
http://surftitan.blogspot.com/2009/05/marte-se-vera-como-la-luna-llena.html
http://blogs.diariovasco.com/index.php/bigbang/2009/07/13/imarte_tan_grande_como_la_luna
http://latecnopolis.com/2009/06/marte-no-se-vera-como-la-luna-en-agosto/
http://www.undragon.net/mito-urbano-marte-tan-grande-como-la-luna-en-agosto-27/
http://foro.meteored.com/astronomia/la+luna+y+marte-t3675.0.html

2009/08/12

Curso de reloxios de Sol


Luns 10 e martes 11 de agosto tivo lugar un cursiño de reloxios de Sol. 4 horas e media entre a Casa da ría e o reloxio do Cargadoiro, por Javier Bao Cebeiro (ligado ó observatorio Ramón María Aller da USC). Nel se espuxeron diversos conceptos e se ensinou a manexar o programa shadows (para windows, parcialmente pode executarse con wine en linux; antes recoméndase pasar pola páxina http://www.galeon.com/casanchi/ast/sol1.htm) para facer o 'debuxo' (ver abaixo o escaneado do reloxio horizontal para Ribadeo, e aquí unha explicación da construcción dun modelo diferente).
Tamén se falaron doutras cousas de astronomía, e foi unha mágoa que non se extendera para a observación das Perseidas (que ó final, onte non se puideron ver).
Asemade, quedou 'visto para sentenza' o reloxio de Sol do cargadoiro, que ademáis necesitaría un novo amaño despois de que fora reposta a punta do estilete (a barra máis fina do marcador) e volta a torcer por calquera sabe quen.

2009/08/11

Perseidas

Esta noite e mañá pola noite serán as ideais para ver as Perseidas, meteoritos contra os que impacta a Terra (e que á súa vez, impactan nela) e que se chaman así por parecer como se viñeran da constelación de Perseo.
A Sociedade de Observadores de Meteoros e Cometas de España ten en internet unha guía de observación das Perseidas, especialmente adaptada este ano. É unha recomendación antes de mirar ó chan esta noite.

2009/08/03

Algúns dias pola mañá

...alǵuns se despertan como se estiveran na lúa.

Nótase especialmente en días significados, onde as resacas abondan.
Un descobrir de novo a Terra, pero moi diferente, foi o que lle pasou ás misións Apolo.
Un día significado, o de Nadal de 1968 foi tomada a foto onde se ve unha Terra azul por riba da superficie luar por Bill Anders, astronauta da NASA.
A outra foto, pode que máis típica e reproducida, foi tomada na misión APOLO XVII un día de verán no que a nosa terra estaba no crepúsculo.

2009/08/01

Mareas, en "Cosco Express"

A Ría de Ribadeo é un importante enclave turístico pertencente ó noso concello, e que se caracteriza pola gran cantidade de actividades portuarias (comercio, ocio, estaleiro…) as cales fan das mareas un factor moi importante.
Nun senso xeral, marea pode definirse como os fenómenos experimentados nun corpo debido á perturbación do campo gravitatorio causado pola interferencia dun ou mais corpos externos. Debido á densidade e fluidez, as mareas que se consideran son oceánicas, desprezándose en xeral as terrestres. De media, as mareas oscilan nun período de 12 horas e 25 minutos, debido
á posición ou oposición da Lúa sobre un determinado lugar da Terra.

Tralo traballo que realizamos Laura Piñeiro, Iván Pérez e máis eu, Gonzalo Peña, tutorados por Antonio Gregorio, sabemos que ditas mareas non se suceden sempre da mesma maneira e que hai diferencias bastante notables se tomamos como referencia as táboas de mareas de fora da ría ou de outras rías cercanas. Por poñer un exemplo, tras un gran numero de medicións da altura da marea na ría puidemos observar que mentres na bocana da ría a marea xa estaba baixando no outro extremo do porto aínda estaba a subir, e tiberon que pasar máis de 10 minutos ata que comenzou a baixar. Se puxéramos unha distancia máis grande, como podería ser ata as zonas próximas á veiga, o desfase pode chegar a unha hora e media.

Polo tanto a elaboración dunha táboa de mareas específica da ría sería a solución a todos os problemas ou infortunios que poden aparecer derivados de ditos desfases.


Gonzalo Peña
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.