2009/04/22

A Feira, na Galega

Atención, é o programa completo, e mesmo dende a fin do programa anterior, con anuncios incluídos. Sae na presentación, no segundo corte e ó final.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

2009/04/15

Unha crónica da Exporecerca Jove 2009



A X Exporecerca estase a desenvoltar plácidamente. O equipo organizador funciona orefectamente e fáino posible. A experiencia que representa é un alicerce para aprender un mesmo (profesor, alumno ou 'persoa externa ó ensino') e poñer en práctica o que se aprendeu se se cre que está en disposición de facelo de xeito inmediato.
Contrastan 96 traballos de investigación de diferentes autores, campos e niveis de investigación, así como correspondentes a diferentes idades. Contrastan asemade pola cantidade de traballo adicado, a orientación que se lles da, o sistema de presentación ou o método usado para aproximarse a un coñecemento máis profundo do problema. Nunha charla púxose de manifesto que o ano pasado, 2008, máis do 40% dos traballos presentados ó concurso nacional de xóvenes investigadores foran orixinarios de Cataluña. Sabendo que a exporecerca é de carácter internacional (este ano participan traballos de Brasil, Bélxica, Francia, Eslovaquia ou Paraguai) e que nela, a pesares de todo, os traballos de orixe catalán son 2/3 competindo en igualdade de condicións (como mínimo) cos demáis participantes vidos dos catro confíns do mundo, non é de estranar o éxito dos traballos cataláns a nivel nacional. Éxito que por outra banda, ven certificado e apoiado a nivel público polo curriculum didáctico, que hai xa moitos anos acolleu un 'treball de recerca' como obrigatorio para todos os alumnos; algo que foi aproveitado por profesores como Manuel Belmonte para potenciar tanto o actual desenvolvemento da investigación catalana a nivel do ensino como a interiorización da investigación polas persoas que pasan polo sistema educativo.
Manuel Belmonte? Manuel é o alma máter de Magma, sociedade xuvenil de investigación que é a creadora e encargada de levar a cabo a exporecerca. En base ás edicións xa transcorridas, a partires deste ano 2009 Magma poñerá na rede unha serie de orientacións e documentos sobre a realización de traballos de investigación e algún asemade sobre as feiras de ciencia, dpcumentos que condensarán a historia deste evento, pero sobre todo aínda máis aló, a parte invisible que o fai posible.
Unha última referencia: a lingua. Non estrana, pero induce a pensar, que moitos alumnos cataláns prefiran explicar en catalán a facelo en castelán. Isto pasa mesmo con alumnos de orixe evidentemente inmigrante. Que pasaría en Galicia de suceder o mesmo?
Un valor engadido: a celebración da Exporecerca nos terreos do antigo 'Museu de Ciència', Hoxe 'Cosmocaixa', permite ós participantes un '2x1', recollendo ideas e aproveitando de ambos lugares.
E un algo que se fai difícil entender para quen isto escrebe: a mostra Exporecerca está a ser visitada por moi poucos visitantes externos. Aínda que non hai contabilidade dos visitantes, que eu saiba, diría que hai menos visitantes que a suma de organizadores, expositores e xuíces. Unha mágoa para unha actividade que paga a pena ou unha sorte que permite aproveitala mellor a quenes participan nela?
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.