2009/01/22

O artigo 'A ciencia en galiza' da Galipedia

Hai algún tempo creei e logo modifique na Galipedia o artigo 'A ciencia en Galiza'. Como rematou sendo redirixido e non tiven tempo/gfanas de modificalo para voltalo a meter, recollo aquí a copia do que era dito artigo:

'''A [[Ciencia]] en [[Galiza]]''' non ten boa fama: non ten persoas coñecidas e senlleiras que son faróns marcando un camiño a imitar. Moita xente asinaría a anterior afirmación. Pero se ben unha parte é certa, outra non: non temos figuras punteiras e coñecidas, pero si unha morea de xente que se dedicou á ciencia e que contribuíu, de xeito modesto ou non tanto, a poñer as bases da ciencia moderna.
  -
Acumúlanse aquí bocexos de biografías ou contribucións de persoas senlleiras nas súas ramas do saber facer ciencia, de xeito que, sen realizar un grande labor de procura de datos para obter material, houbo que deixar a moitos fora.
  -   -
Non houbo ata o momento moitos estudos sobre a nosa ciencia. O anterior fai que case tódolos persoaxes que se citan sexan moi recentes no tempo, pasando parte ou toda a súa vida durante o século XX. Isto implica que aínda os contemplamos sen a debida perspectiva histórica e imbuidos por prexuízos políticos e sociais dunha época que foi dura polos convulsos anos anteriores ó franquismo e os transcurridos na súa vixencia.
  -   -
Asemade, hai tamén algunhas cousas comúns ou que agrupan a unha porcentaxe significativa de persoas incluídas na mostra. Así, o apoio da ILE, a [[Institución Libre de Enseñanza]], movemento de revitalización do ensino e investigación en [[España]] entre mediados do [[século XIX]] e a guerra civil, permitiu a estudosos de diverso xénero saír ó extranxeiro e atoparse coa puxante ciencia europea de aquela época. Noutros casos, foi o pecunio familiar o que permitiu saír adiante algunhas investigacións, ou ben os propios anceios foron os que guiaron os primeiros pasos e relacións no mundo da ciencia.
  -   -
O anterior lévanos a unha importante consideración: na ciencia tamén é necesaria a existencia dunha masa crítica de persoas, coas relacións humanas asociadas, para seguir adiante e obter resultados e a súa difusión mundo adiante. Na nosa terra non houbo en xeral un conxunto de xente traballando en ningún campo da ciencia que se poidera beneficiar dun conxunto tal ata tempos máis recentes dos que se pretende abranguer: facer ciencia a principios do [[século XX]] era moito máis doado en [[Alemaña]] que en [[Madrid]], e alí que en Galiza. Os tempos están a cambiar, tanto pola cantidad de xente preparada como polo catalizador de algunha industria e a acumulación de xente na mesma universidade cuanto pola introdución de relacións de novo cruño como [[internet]], poñendo á man da xente novas posibilidades de obtención de datos ou comunicacións instantáneas con todo o mundo.
  -   -
Unha consideración final: se se repasan as biografías presentadas, pode chamar a atención a ausencia de mulleres. Ténse presentado de xeito recente un estudo sobre as mulleres e a ciencia, “[[A ciencia ten nome de muller]]” no que se entra un pouco máis na baixa proporción de mulleres na ciencia a nivel mundial. Galiza participou nesa tendencia asumindo a sociedade galega ata a actualidade que o posto da muller non é a ciencia.

*Nota: as verbas entre corchetes indican outrosa artigos da Galipedia, accesibles no buscador da enciclopedia ou ben engadindo a verba/verbas tal cual despois de "http://gl.wikipedia.org/wiki/" na barra do navegador.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.