2008/10/28

Un artigo xa vello sobre contaminación acústica e a súa influencia

... de feito, eprdín a referencia de onde foi publicado (en castelán). Ten algunha cousa que non comparto, pero cifras e implicacións soon moi axeitadas, coido:
Polución acústica
UN SOADO PROBLEMA

Un recente estudo desvela de que maneira incide a contaminación acústica na nosa saúde e nos nosos hábitos cotiáns.

O pasado 14 de abril, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación presentou en Madrid as conclusións do seu Estudo anual sobre os efectos do ruído ambiental na sociedade e a súa percepción por parte da cidadanía. Trátase dun estudo que o COITT ten previsto realizar todos os anos co obxectivo de observar o estado e a evolución do problema e, desta maneira, axudar a institucións públicas e privadas na posta en marcha de medidas para regular o ruído en España. Parece necesario, pois non en van ocupamos un triste segundo posto entre os países con maior índice de contaminación acústica do mundo, só á zaga de Xapón.

O estudo, que foi elaborado sobre a base de 800 entrevistas e apoiouse na opinión de expertos na materia, puxo o acento basicamente en tres grandes aspectos: os efectos do ruído ambiental na saúde, a normativa actual sobre contaminación acústica e a percepción deste problema desde a óptica dos cidadáns.

Efectos do ruído ambiental sobre a saúde

Do estudo do COITT despréndese, ante todo, a necesidade urxente de sensibilizar á opinión pública tanto como aos profesionais da sanidade acerca do impacto do ruído ambiental na saúde. E é que, entre os síntomas provocados polo ruído, atopamos distintas afeccións psicolóxicas (como, por exemplo, o estrés, a ansiedade ou o insomnio), pero igualmente trastornos de raíz fisiolóxica (fallos cardiovasculares, debilidade do sistema inmunológico ou problemas dixestivos).

De acordo co estudo, o ruído incide duramente de maneira negativa no día a día, contribuíndo a empeorar a nosa calidade de vida e dificultar os nosos momentos de descanso. Un 25% dos enquisados asegura sufrir ansiedade por culpa do ruído. O estrés (27,92%), a falta de concentración (27,59%), a irritabilidad e a agresividade (25,83%) son outros trastornos que os enquisados afirman experimentar como consecuencia da contaminación acústica. Incluso un 19% recoñece que o ruído ambiental lle produce insomnio ou alteracións de sono.

A normativa sobre contaminación acústica

O estudo desvela que existen certos obstáculos que impiden a implantación efectiva da actual lei do Ruído.

Estes obstáculos refírense principalmente á falta de realización de mapas de ruído e á indecisión sobre quen han de elaboralos. Para o C01TT, son vos enxeñeiros técnicos de telecomunicación os únicos profesionais aptos para levar a cabo ditos mapas de ruído; sen embargo, na actualidade están sendo elaborados polas policías municipais ou outros colectivos sen os coñecementos nin os medios necesarios. Quen ten maior competencia na elaboración destes mapas de ruído é un asunto que, en vista dos datos do informe do COITT, o cidadán da pé ignora, pois tan só un 0,38% se encargaríao a un enxeñeiro de telecomunicación.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.