2007/05/13

De que tipo de mesturas estamos a falar?





XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

De que tipo de mesturas estamos a falar?

Joaquín López García
1ºBT
07/04/10
1.Introdución e Hipóteses.
A idea de facer para a feira este traballo, veu dun experimento que tivemos que facer na casa a principio de curso. Consistía en producir unha mestura homoxénea de auga e sal, explicando e vendo como se poderían separar os dous compoñentes (a auga e o sal). Dende un primeiro momento, pareceume unha boa idea traballar sobre este suxeito e según ía pasando o tempo, íanseme ocurrindo outras mesturas para expoñer na feira, non só disolucións, se non que tamén, mesturas heteroxéneas.
2.Pequeno resume.
O meu traballo consiste en explicar as diferenzas entre mesturas homoxéneas (disolucións), e heteroxéneas, mediante distintos exemplos destas, así como tamén, explicar os mecanismos de separación das mesturas.
My project consists of explain the diferences between homogeneous mixtures and heterogeneous mixtures, with different examples of these. Also, I´d like to explain the ways of separate these mixtures.
3.Obxectivos.
Os meus obxectivos con este traballo eran, por unha banda, que a xente entendese os diferentes tipos de mesturas que existen, e por outra parte, mediante os exemplos alí expostos, que viran como se poden separar os compoñentes,
4.Base teórica.
Para facer o cartel, no que me basei foi no libro de texto de Física e Química de 1º de BAC. Para completar a información, mirei en Internet, na Wikipedia, e extrouxen do libro de 3º da E.S.O. unha representación gráfica do tamaño das partículas. O tema era sinxelo, de ahí que non me fixo falta recurrir a ningún outro medio. Tampouco empreguei máis teoría científica que o concepto de mistura e o seu tratamento.
5.Traballo.
O meu traballo, repartíase nun cartel, pegado nun panel (na parte de atrás), e diante, na mesa, atopábanse 6 tipos de mesturas, cos seus correspondentes vasos, así como tamén, debaixo destes, unha ficha, no que se clasificaban as mesturas, e se poñía unha especie de síntese do que alí había, como se separaría, e outra información de interese.
My work , was divided in one poster (on backside), in front, on the table, there were 6 kinds of mixtures, with their glasses. Also, under these, a card where mistures were classified, and in these cards was writen a kind of summary about the glasses, as we could separate them, and another interesting information,
6.Distribución.
O meu traballo, podemos dividilo nos seguintes tempos:
Outubro: Decisión do traballo a realizar para expoñer na Feira,
Novembro: Pensar como o podía expoñer, que exemplos poñer..., é dicir, crear unha idea de como ía a ser a exposición
Decembro (e vacacións de Nadal): Comprei os vasos, os anacos de ferro e o imán. Nos últimos días das vacacións fixen unha primeira proba de como quedarían as mesturas.
Resto Xaneiro: Busca de teoría, e pensar o xeito de desenvolver o mural.
Febreiro: Impresión da parte teórica, e plasmouse no cartel. A parte práctica, non se volveu a realizar ata Marzo, por tratarse de algo que se deteriora co paso do tempo.
Marzo: Unha semana antes da Feira, fixen a parte práctica, para que quedase o mellor posible,
7.Materiais e Orzamento.
Os materiais empregados no meu traballo foron:
1 docenas de vasos................................... 0,40€ * 12 = 4,80€
1 imán .............................................. 0,45€ * 1 = 0,45€
Aceite, sal, area, anacos de ferro, tinta............ 0,00€
2 Cartulinas grandes ................................0,50€ * 2 = 1,00€
6 Cartulinas pequenas ............................... 0,30€ * 6 = 1,80€
TOTAL ................................. 8,05 €
8.Descrición.
Na realidade, existen distintos tipos de mesturas, as cales poden ser clasificadas en:
Mesturas homoxéneas ou disolucións (os seus compoñentes non se poden distinguir a simple vista unha vez que se mesturaron) e
mesturas heteroxéneas, nas que non se é capaz de xuntar completamente os seus compoñentes, ata formar unha “substancia” nova.
Aquí temos varios exemplos de mesturas, homoxéneas, auga + sal, aire e auga + tinta, e por outra banda, tamén exemplos de m. heteroxéneas, como é o caso da auga + as limaduras de ferro, a auga + a area, e a auga + o aceite.
Unha vez dito isto, vamos caso a caso, explicando como serían os procedementos de separación. No caso da auga + o ferro, empregaríamos un imán onde se pegarían as limaduras, quedando xa separado, no caso da auga + tinta, empregaríase un método de cromatografía, cun anaco de papel, ao quentar a mestura, a tinta iría subindo polo papel, quedando no recipiente a auga, no caso da aréa + auga, empregamos un papel de filtro, a través do cal verteríamos a mestura quedando neste inmersa a aréa e na outra parte, a auga. Na disolución de auga + sal, deixamos que se evapore a auga, e que quede o sal pegada nas paredes e no fondo do recipiente. Na mestura heteroxénea de auga + aceite, para separar os dous compoñentes, empregaríamos un proceso de decantación, cun embudo de decantación, deixaríamos pasar a unha parte a metade da mestura, e na outra parte do embudo, a outra metade, deixámos que repose 5 min +- e abrimos unha válvula que se atopa no embudo, para que saia a auga, cando xa non queda + pechamos para que así o aceite permaneza dentro.

9.Material.


Na primeira foto, pódense ver algún dos exemplos de mesturas que presentei, coa súa respectiva información, abaixo, o cartel de información exposto, situado na parte traseira, e na foto da dereita, unha visión completa da exposición do traballo,
10.Conclusións.
A min o traballo pareceume interesante, fácil de que o entendera a xente, e a súa vez un pouco rechamante, mais como algunhas cousas eran abondo evidentes, notei que a xente máis maior que consideraban a exposición un pouco unha tontería, pero sen embargo os pequenos, fixábanse con moita atención. Na miña opinión, este non era moito un traballo para que a xente aprendera, senon, para que se parara a pensar a cerca de como separar os compoñentes dunha mestura, que mesturas son homoxéneas e cales heteroxéneas...
11.Outros.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.