2007/05/07

Día da ciencia na rúa de A Coruña



Hoxe é o correlingua en Viveiro. Todos os anos se celebra unha xuntanza de alumnos de medias para promover o uso do galego. Hoxe tamén, as ciberirmandades da fala están promovendo que se aconselle ós 'centros comerciais abertos' o uso do galego nas súas páxinas web. Non embargantes, coido que mentras non se promocione asemade o uso da ciencia, Galicia non terá o pulo abondo como para defender a súa lingua, e Galicia seguirá a caer dentro do estado español. E que non o está a facer queda patente cando o sábado houba unha festa de ciencia en A Coruña na que participaron miles de persoas de xeito voluntario e enteráronse os coruñeses, pero aí quedou todo. E podo dicir que foi un centro de Ribadeo a presentar traballos dos alumnos... as fotos amósano, con dous dos raros momentos nos que a carpa (chámanlle 'jaima'...) estaba case libre: unha vista xeral e alumnos doutros centros que foron instruídos para a actividade máis doada e estaban a facer os seus piniños. Pois eso, galego si, pero a 'con ciencia'.
Seguirán máis detalles...
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.