2007/04/04

A importancia da unidade

Hai poucos días tivo lugar no IES unha conferencia sobre o Centro Español de Metroloxía na inauguración da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía, na que se falou da importancia de medir de xeito adecuado, a calibración, ... e tamén foron tocadas as unidades, mirando cara á súa normalización.
Viñéronme á cabeza un par de anécdotas sobre o tema, que dan importancia a esta última parte citada:
O penúltimo aparello enviado a Marte pola NASA tivo un final de impacto: impactou fortemente contra a superficie do planeta por mala coordinación: o programa encargado do manexo da órbita e comezo da aproximación estaba feito tendo en conta unhas unidades, mentras que o programa encargado da amarizaxe estábao en outras. Non se entenderon cando se pasaron os datos dun ó outro, e... sucedeu o que sucedeu.
Aló polos 90, un avión grande de pasaxeiros repostou na costa este de norteamérica e comezou unha viaxe cara unha cidade de California. Resulta que o piloto mandara meter unha cantidade de combustible no aparello, poñamos '500', sen especificar a unidade, pero pensando en galóns. O encargado da repostaxe entendeu ben os '500', pero en litros. É dicir, meteu algo máis dunha cuarta parte do que quería o piloto. O avión atopouse en medio da nada sen combustible. A pericia do piloto salvou a situación dando atopado unha pequena pista na que o avión quedou mal parado pero non houbo víctimas. O resultado é que se incorporou a simulación ós simuladores de vó de formación de pilotos. Hai algún tempo aínda non o conseguira ninguén máis...
Ben, son situacións extremas, pero por se algén coida que deso non se da case nunca, aínda me lembro unha confusión entre 300 (mil pesetas) e 300 (euros) ...
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.