2007/03/18

Por que as tostadas caen sempre coa parte untada para abaixo?

Hai varais cousas diferentes que inflúen.
A primeira, é que a pregunta non é certa tal como está planteada. É algo estatístico, e non ó 100%, pero si parece haber unha maior porcentaxe de caídas pola parte untada. Esa porcentaxe depende de moitas cousas, pois se ben a física é a mesma en Ribadeo que na China, as tostadas probablemente faralas e untaralas de xeito diferente a como se fai na casa do lado, e polo tanto as probabilidades no teu caso serán tamén diferentes.
O segundo, ten algo que ver coas condicións iniciais: Se unha tostada se deixa caer sen desequilibrios iniciais, difícilmente terá rotado antes do chan, e como se untan cara arriba, a caída será prácticamente sempre coa apre untada cara arriba. pero na realidade, as caídas comezan cun desequilibrio lateral incluído, co que a tostada comeza a súa rotación, e a falta de outras circunstancias, o lado do que caia dependerá da rotación da tostada e da altura de caída, co que xa (por termo medo) podemos estar próximos ó 50% de caídas dando coa parte untada no chan. E digo podemos porque se inicialmente a tostada ten unha posición, de saída as velocidades de rotación máis baixas darán inequívocamente a mesma posición no chan.
Hai outros dous factores xerais máis que inflúen. O primeiro deles é que o pan da tostada está cheo de poros, polo que a súa densidade media é pequena en relación ó que levamos como unte, que é macizo e terá en xeral unha densidade próxima á da auga. Como o rozamento actúa na caída, a parte de maior densidade tenderá a colocarse debaixo, pois ó colocarse de lado, as forzas que tiran dela para abaixo serán relativamente máis importantes que as de rozamento. E eso, sexa cal sexa a beira que estemos a considerar. Esto implica que as probabilidades de que a parte untada caia cara abaixo xa sobrepasan ás que indican a tendencia contraria.
O último factor xenérico indícanos que o unte en xeral ten unha superficie lisa, ofrecendo menos rozamento que outras aprtes da tostada, o que incide no xa dito no párrafo anterior.
Con esto, en teoría, queda xustificada unha versión lixeira do enunciado da entrada: 'as tostadas tenden a caer coa aprte untada para abaixo'. Enunciado que non é cuantitativo pois depende, como dixen ó principio, de como unta as tostadas cada quen (moi cargadas ou pouco, a máis altura sobre o chan ou a menos, totalmente horizontais ou untándoas con certa inclinación do pan, ...)
De calqeura xeito, algunha indicación das que podedes ver en internet sobre o tema é falsa, como a que di que é unha lenda urbana: non é unha lenda urbana, aínda que subxectivamente tendamos a creer que a porcentaxe das veces que (a nós) se nos cae a tostada manchando o chan é superior ó real.

1 comentario:

Fuji dixo...

seguro que vos encanta esta paxina
http://www.curiosoperoinutil.com

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.