2007/03/18

A divulgación científica: recensión dun libro

A divulgación científica é a tradución por parte de Susana Cruces Colado do texto de Pierre Lazslo 'La Vulgarisation Scientifique', editado na colección Que sais-je? por PUF. Foi presentada ó premio de tradución de Bivir e coido que paga a pena á xente que está interesada en facer chegar a ciencia ó público.
Como en xeral os libros da colección, non é moi longo (102 px.), e o seu desenvolvemento preséntase como atractivo, chamando a atención dende o índice, e salvo pequenos erros, a tradución pode considerarse coidada.
Pasando ó contido, comeza por dar no primeiro capítulo unha visión da ciencia encadrada na sociedade para remarcar a importancia do propio tema tratado. Pasa despois a unha parte histórica de onde trata de abstraer puntos importantes para o seu uso posterior. É no terceiro capítulo, tratando a importancia da atención do lector, onde xa se mete máis a particularizar sobre os xeitos de difusión; de fito este capítulo ten unha parte que claramente se corresponde co seu título e outra que poderiamos titular como exemplificacións.
Os dous capítulos seguintes son sobremaneira prácticos, manexando o primeiro os textos e o segundo as imaxes, procurando consellos, dando exemplos e facendo de cando en vez pequenos resumes para asentar o que se di. Por último, toma exemplos de autores do pasado século para amosar situacións exitosas de divulgación, tomadas todas de divulgadores da área anglosaxona, que queda claro dende o comezo do libro, son na actualidade quenes levan a dianteira nas mellores costumbres divulgativas.
Publicar un comentario
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.