2006/08/29

Galipedia na Aula (I)

Ben, non é unha entrada de Física e Química, senón interdisciplinar. O pasado curso alumnos de 2º ESO do IES recibiron a súa introducción ós wiki coa Galipedia como arma. Os dous grupos tiveron unha traxectoria semellante, comezando por ver o que xa había, funcionamento e logo introducción de termos. Todos necesitaban pasar polas miñas mans antes da introducción, pero aínda así resultaban artigos curtos e mal imbricados na enciclopedia. Cara a este ano, o obxectivo está en conseguir
a) unha wiki interna, por instalación do Moodle (se dou feito, que polo momento está por ver)
b) realización de traballos bibliográficos coa Galipedia como referencia primeira, da que se poderá saltar a outras referencias
c) mellora dos artigos consultados na galipedia a partir dos propios traballos realizados
O pasado ano fíxose unha introducción ós dous últimos apartados, que espero que este ano se amplíe.
Por certo, espero tamén que este sexa un primeiro artigo (vai no título) sobre a Galipedia na aula, en artigos numerados con números romanos...

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.